O borracho de Magdalena

BORRACHOX. Ricardo Losada. Neste mesmo café Barbantia, nun comentario ao meu artigo O borracho do chascarraschás, Magdalena conta unha das súas substanciosas anécdotas. Hai anos foi ás festas de Corrubedo e, paseando por unha das rúas, mirou un señor que cambaleaba e este, ao verse observado, levantou o dedo índice, moveuno de arriba abaixo e, sinalando despois a Magdalena, díxolle: “Xa sei que estou borracho”. Fíxome graza. O normal é que os borrachos neguen que o están, mesmo que se enfaden se alguén o insinúa, pero todos vivimos algunha vez esa marabillosa excepción de que un borracho recoñeza con orgullo que o está. Na miña mocidade, por exemplo, eu era fan dun borracho de Rianxo que cada vez que lle dicían Lévala boa, contestaba Quen ma dera. E doutro que bebía para esquecer as penas e a quen lle dicía que o viño non soluciona os problemas, espetáballe: Tampouco a auga.

     É curioso, as anécdotas de borrachos sempre me fan recordar o riquísimo anecdotario dos filósofos gregos pois moitos deles, ao contrario dos filósofos modernos, vivían tan entusiasmados con ese xoguete marabilloso que acababan de descubrir, a razón, que parecían estar en permanente euforia etílica. Cando Platón afirma que hai dous mundos, o mundo sensible e o mundo das ideas, e que o importante é o segundo, invisible para a maioría dos mortais, imaxínoo máis ao final que ao principio dun deses banquetes que tanto lle gustaban, e entendo perfectamente que Aristóteles lle dixera que era hora de ir para a casa pois o seu querido mestre comezaba a ver dobre. Pero cando o propio Aristóteles sentenciou noutro banquete que “unha cousa pode posuír a potencia de ser e, porén, non ser; ou de non ser e, porén, ser; ou de camiñar e, porén, non camiñar”, ben merecería esa frase que todos dixemos algunha vez en circunstancias moi similares: Non bebas máis. BORRACHO2E cando Parménides di do universo que “é igual a si mesmo en todas direccións e sen fin; é unha Esfera de completa forma, en magnífica e circular soidade e chea de alegre orgullo”, a un non lle queda outra que pensar que a dixo polas mesmas razón que o borracho de Magdalena. Iso si, confiando máis, como bo filósofo, na verborrea, que, como bo borracho, na linguaxe corporal.

      O borracho de Magdalena (perdoa, Magdalena, por dar a entender que hai confianza entre vós) recordoume o famoso paradoxo do mentireiro, inventado, coma non, por un filósofo grego do que non constaba que bebera ata que noutro final de banquete levantouse, pediu a palabra e dixo: “O que estou dicindo neste momento é falso, é unha frase verdadeira ou falsa? E, sen máis, respondeuse a si mesmo: Se é verdadeira, estaría mentindo, como di a propia frase, logo sería falsa. Se é falsa, estaría dicindo a verdade, como di a propia frase, logo sería verdadeira. En resumo: se é verdadeira, é falsa, e se é falsa, é verdadeira”. Creo que fun demasiado suave. É moi probable que Epiménides, así se chamaba ese filósofo, lle metera ao cerebro algo máis que alcohol. O mesmo lle puido pasar ao borracho de Magdalena. Partindo da base de que un borracho nunca é consciente de que o está, que dixera Xa sei que estou borracho métenos directamente no labirinto paradoxal de Epiménides. Se sabía que estaba borracho, podemos deducir que non o estaba. Magdalena, porén, considera que si, pero non aclara por que. Gustaríame preguntarlle en que se basea, pero teño medo de que me conteste: Non bebas máis.    

6 comentarios en “O borracho de Magdalena

  1. Me resulta un poco difícil leer los artículos en gallego, ya que me obliga a descubrir el significado de algunas palabras por el sentido de la frase. Y, aunque tengo a mano un diccionario bastante actualizado, hay “verbas” que no aparecen: “porén”, por ejemplo. He tenido que buscar su significado en el ordenador y eso me hace perder tiempo y el hilo de lo que estoy leyendo. A cambio, me voy familiarizando con el gallego académico.

    El artículo del borracho me hace recordar las discusiones sobre el ser y el no ser que nos traíamos en la clase de mi querido profesor don José Gómez Caffarena. En tal cuestión, creo que seguimos en las mismas, a pesar de la pléyade de filósofos y pensadores que trataron -y tratan- de buscarle una salida al tema. Lo físico es verificable: que las ciencias adelantan ya lo decía don Hilarión en la Verbena de la Paloma. Pero la Metafísica es otra cuestión: los temas que abarca no son demostrables, por mucho que se intente marear la perdiz. Yo sólo creo que las pruebas de lo Absoluto -del Amor Originario- hay que buscarlas en la interioridad de cada uno.
    Me encantaría que tocases el tema del sofista. No me refiero precisamente al Diálogo de Platón, más bien al personaje real que tanto abunda a la actualidad.

  2. Si bueno es el articulista, la comentarista no le va a la zaga (me refiero a Magdalena, por descontado).
    Sin meterme en disquisiciones filosóficas, para las que no me siento capacitada, tu artículo me trae a la memoria un poema que nos recitaba mi abuela, lectora empedernida de Campoamor: “En este mundo traidor, nada es verdad o mentira…”

  3. Dubidei se pór o paradoxo de Epiménides porque podía dificultar algo o texto. Pero decidín utilizalo porque calquera lector, se fai un pequeno esforzo, pode entendelo, e unha vez que se entende, é moi gratificante. Como vexo que foi o teu caso. Para máis, relaciónalo moi ben (¡¡¡) co borracho e a frase de Aristóteles, e con esa marabilla (para moitos unha estupidez, non saben o que se perden!) de Plotino. Quizais Plotino tamén mereza un artigo. Era un tipo ben curioso.
    Grazas

  4. He releído de nuevo tu artículo y me he parado un poco más en el trozo de Epiménedes. El primer día no lo comprendí ( tengo muy poca base para captar ciertas cosas ) y ahora me parece genial, creo que cabe en el circulo de la paradoja ¿ no ? Pues en ese caso el borracho de Corrubedo si él decía que lo estaba, habría que pensar en lo que decía Aristóteles : Una cosa puede poseer la potencia de ser, y no ser ” . También Plotino decía que no existía la oscuridad, sólo la falta de luz.
    Bueno , querido filósofo, a ver cuando nos deleitas nuevamente con otra bella disertación narrativa, la estaré esperando como agua de mayo.
    Besiños palmeiráns
    P.D. ha sido un placer el verte el otro día

  5. Me dejas perpleja, José Ricardo. Ciertamente pensé que no encontrarías materia suficiente para contestarme al título que tú sugerías ” O borracho de… ” y con la máxima presteza, lo has hecho. Eres magistral. Me ha gustado muchísimo el artículo.
    ¿ Qué por qué pienso que estaba borracho el señor de Corrubedo ? porque tendría que ser un buen actor para desempeñar el papel de tan buen contorsionista oscilante. Ah ¡¡ y muchas gracias por la sugerencia de ” la capilla ” fui, llegué, y vencí. Como Julio Cesar.
    Ahora voy para la cocina que se acerca la hora de hacer la comida Por la tarde volveré a releer con más calma tu artículo.
    Besiños palmeiráns

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *