Tarzán en pantuflas

plancharX. Ricardo Losada. Mentiría se dixese que teño un talante aventureiro. Quen me coñece sabe que me gabo de ser un tipo sedentario. Mesmo me compadezo de quen ten necesidade de viaxar. Pero equivocariádesvos se pensades que levo unha vida segura. Está chea de riscos pois o nivel de risco é inversamente proporcional á distancia á casa. Calquera neno ten máis posibilidades de sufrir acoso na casa que fóra. Calquera adulto ten máis posibilidades de coller unha depresión profunda na casa que no Caribe. Calquera vello ten máis posibilidades de sentirse perdido na casa que na selva amazónica. 

O mesmo sucede cos deportes de risco e esas viaxes de aventuras salvaxes tan de moda. Hai quen pensa que facer caída libre nos Alpes ou ir de turista a unha zona de guerra é máis arriscado que quedar na casa. Falso de toda falsidade. É o mesmo que considerar máis perigoso viaxar en avión que en coche. Identifícanse indebidamente espectacularidade e estatística. A verdade: é moito máis perigoso o fogar propio. Acaso non rompen máis pernas no baño que facendo alpinismo? Acaso non morren máis persoas esmagadas polo tractor na súa finca que turistas bélicos -a última moda- en Irak ou Siria? Non. Un non viaxa para arriscarse pois cando viaxas os mecanismos de defensa (mira que toman precaucións os moi covardes) póñense en alerta. tarzanPorén, cando quedas na casa, eses mesmos mecanismos reláxanse, e calquera circunstancia (cambiar de canal sen permiso da parella, poño por caso) convértese nun perigo extremo e inminente.

O outro día estáballe pasando o ferro a unha camisa e cando a puxen vin que a parte de diante, á altura do peito, estaba engurrada. Como aínda non apagara o ferro, collino con toda naturalidade e paseino pola camisa posta, arriba e abaixo, ata que quedou lisa como unha patena. Sei por experiencia (cantas veces me teño queimado) que non é unha acción moi recomendable, pero non penso evitalo. Eu non son deses covardes que, para non pasar o ferro co risco de queimarse, van de turismo a un deserto de África ou a un pico inhóspito do Tibet onde ter a camisa engurrada está ben visto.

3 comentarios en “Tarzán en pantuflas

  1. Querido profesor : Hoy estoy eufórica y deseo compartirlo, en menos de una hora tengo mi debut como estudiante. Ya estoy debidamente maquillada y peinada, sólo me faltan las dos gotitas de Chanel que me pondré a última hora por eso de que los efluvios se mantengan, pero a diferencia de Marilín Monroe yo voy vestida.
    Y despues de este prefacio, te aseguro que tus padres han invertido muy bien su capital contigo pues es de agradecer que al lector le lleguen estos estadillos ingeniosos del gran pensador que tú eres, esa impronta a veces irónica pero con contenido filosófico.
    Tengo que ir a remover las lentejas para que no se me peguen, va siendo hora de irme para el Lustres Rivas y quiero dejar la comida hecha.
    Para que veas que yo también filosofo con las lentejas.
    Besiños palmeiráns

  2. Coincido contigo en que o sorriso é máis barato e dá máis luz que a electricidade, pero luz en sentido ilustrado, ademais de emocional. Paréceme incrible que o humor se siga tomando como algo únicamente frívolo. Eu aprendín máis filosofía nese libro extraordinario que é “Os papeis póstumos do club Pickwick”, de Dickens, que en “Ser e Tempo”, de Heidegger. Dígoo porque non quixera pensar que meus pais tiraron os cartos pagándome unha carreira como filosofía.
    Apertas rianxeiras

  3. Estimadísimo José Ricardo: como uno de mis hobbys es reirme ya he releído unas cuántas veces tu artículo, y en lo que a peligro se refiere, tienes mucha razón que en casa a veces estamos más expuestos a riesgos qué en el mismísimo lejano Oeste. Te cuento. Hace muuuchos años todas mis amigas fueron a la romería de san Alberto y como ser hija única es una desgracia a mi no me dejaron ir; ( chorei as morenicas ) – expresión palmeirana- fui para la playa a llorar mi desconsuelo y allí se encontraba un vecino y amigo con una bota de goma metida en un palo haciendo las veces de una tea. Mi amigo movía la caña haciendo círculos y un trozo ardiendo de la goma se desprendió e hizo diana en mi mano. Tuve una quemadura que todavía conservo la cicatríz como recuerdo. Si hubiese ido a la romería seguro que vendría indemne.
    En lo que no estoy nada de acuerdo es en que te planches las camisas en tu ” perchero individual ” a no ser qué quieras hacerte un grabado sin pasar por el tatuador. Jajaja eres terrible. Ah !! y te aconsejo -aunque no suelo darlos – que antes de cambiar de canal cambiate de estancia, es más práctico y menos peligroso.
    Continúa escribiendo temas tan amenos José Ricardo, la sonrisa es más barata que la electricidad y da más luz.
    Besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *