O animador cultural de Rianxo

O Escritor. El_Barbero_MunicipalPastor Rodríguez. Nacido en Cures en 1865, José Arcos Moldes residiu na vila de Rianxo dende neno. Perito mercantil, foi un verdadeiro animador cultural da vila rianxeira, colaborador de xornais como El Noroeste de Vilagarcía, e de revistas comoVida Gallega e Galicia Nueva, pero a súa importancia vénlle pola dirección do xornal El Barbero Municipal, a petición de Castelao, onde non só publicou artigos, senón tamén algún relato como O que naceu pra ichavo… (1912), que José Antonio Durán considera próximo ao autor de Retrincos, e que reeditou en El primer Castelao. Biografía y antología rotas. En 1914 Arcos Moldes fundará o xornal Justicia, semanario que serviu de voceiro de Acción Gallega. Falecido na vila de Rianxo en 1944, xa en 1950, na revista Rianxo de Bos Aires, apareceu o texto autobiográfico Hojas sueltas. Del libro de mi vida. Ademais de J. A. Durán, estudaron a súa personalidade Xesús Santos Suárez e Xosé Comoxo na monografía Biografía de Arcos Moldes (Rianxo: apuntes dunha vila mariñeira) 1865-1944, publicada en 1994.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *