Tocar o sol

miopiaX. Ricardo Losada. O outro día fíxenlle unha foto a unha fermosa posta de sol no Barbanza desde o paseo marítimo de Rianxo. Pero ao mirala no visor do móbil, decepcionoume. A foto era perfecta, tipo postal turística, pero pareceume irreal, como se o móbil tirase a foto que lle petara e non a que debería tirar. Sabía por que. Ese día esquecera as gafas (son miope) e a posta de sol gustárame porque a vira esvaecida, como nun deses marabillosos cadros impresionistas que tanto me gustan. Soles que, máis que ver, apetece tocar. E esa era a tentación que acababa de experimentar. Tocar o sol, como un neno toca a plastilina para facer figuras diversas, antes de que se ocultase tras o Barbanza.

Porén, na foto da cámara, o sol era tan nítido e claro que, se o tocase, queimaríame. Por culpa da pouca empatía daquel móbil co dono, perdera para sempre aquela fermosa imaxe que acababa de ver. Se pensades que podía afastar a cámara dos ollos para ver a foto esvaecida, deixade de ler. Non captades a que me estou referindo. Peor aínda se credes que podería superar a decepción cunha desas aplicacións, tipo Photoshop, que permiten esvaecer a posteriori a imaxe. É un artificio ao que nunca recorrerei. miope2Pode que a imaxe fose así incluso máis bonita, pero non sería a que eu vira, e á xente da miña xeración (temos poucas fotos da nenez, e iso dálles un valor testemuñal inmenso) o que nos gusta das fotos é que, máis que bonitas, sexan fieis.

A decepción fíxome recordar unha crítica que lera o día anterior sobre a exposición que o museo Thyssen-Bornesmiza está a piques de dedicarlle a Renoir: “Como tamén sucede cos de Van Gogh, son cadros que diríamos que case se poden tocar coa vista (…) E que as suxestións táctiles, de volume, materia ou texturas convértense en protagonistas dos seus lenzos”. Xusto o protagonismo que eu botara en falta naquela foto, e non lle faltou nada para tirar o móbil ao mar. Se non o tirei foi porque no último momento recordei que o día anterior o oculista dixérame que me aumentara moito a miopía porque a collera case aos 50, e canto máis tarde, máis rápido avanza. Todo aquel desbarre sobre o sol, a plastilina, os impresionistas e as suxestións táctiles nada tiña que ver co móbil. Era outro exemplo máis dun hábito que estou collendo ultimamente. Buscarlle o lado bo aos estragos físicos que trae o paso do tempo.

3 comentarios en “Tocar o sol

  1. Querido José Ricardo, al saber que no te referías a mí, se me han saltado las lágrimas, no sé si me creerás pero una , es así de sensible, no estaba preparada para ” perderte ” y con la humedad en los ojos me he sonreído al leer que no me perdonas y en cambio me regalas una hermosa greguería que dentro de un rato anotaré en mi una de mis libretas. Pues con ésta hermosa paradoja del no al indulto pero con regalo incluido yo te mando mi más cordial sentimiento de admiración hacia tu persona e intelecto.
    Besiños palmeiráns

  2. Falaba en xeral. Por suposto non me refería a ti. Era o que faltaba. Ben vexo que ti aprecias o humor, e sabes valoralo. E nunca me arriscaría a perder unha fan tan entregada! Se es a única que me consta! Pero non acepto as túas desculpas. Non podo perdoarche que pensaras tal cousa. Se cada vez que escribo un artigo, penso se che gustará…
    Para reconciliarnos, permite un regalo, outra greguería marabillosa de Gómez de la Serna: “la q es la p que vuelve de paseo”. Agardo que sexa tamén o que nós pase a nós con este mal paseo que acabamos de dar.
    unha aperta sempre agradecida

  3. Apreciado José Ricardo : Como siempre he leído con mucha atención tu último artículo y nuevamente me dejas anonadada con la facilidad con qué escribes de cualquier materia que se te presente , pues casi estoy segura que cuando has hecho la fotografía , en aquél momento no ibas buscando un reportaje . Te diré que yo he ido varias veces al faro a Corrubedo a ver las puestas de sol y en aquél lugar el atardecer es hermosísimo. La decadencia o declive en el ser humano es negativo , encambio en la naturaleza es una preciosidad.
    Lo que me ha sorprendido un poco en tu anterior contestación a la mía, en ” Tarzán en pantuflas” es lo que dices referente a la risa , de que el humor se siga tomando exclusivamente como algo frívolo. Yo pienso que en eso estás equivocado. Las ideas ingeniosas siempre las he considerado brillantes, inteligentes. Cuándo Gomez de la Serna dice ” Los mejillones son almejas de luto ” yo me río y procuro aprender esa greguería, pero no me río de don Ramón, me parece una originalidad del individuo que lo ha escrito. Con el Quijote he llorado de risa. y tus artículos me parecen fabulosos porque mezclas el placer con el conocimiento. De todos modos te pido disculpas si te he molestado, mi intención era alabarte porque así lo siento.
    Lo siento mucho de veras.
    Un abrazo José Ricardo, saludos palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *