María Xesús Blanco. Nove da mañá. Nove graos. Primeiro día de vacacións. Hai quen goza durmindo ata as tantas. Eu non. Érgome cedo, preparo café e saio a camiñar. Ás veces levo a cámara. Gústame pousar a mirada en carreiros silenciosos e en estradas illadas que se cruzan. Tamén en sendeiros anegados de xeada que abren ronseis pola espesura do monte. Parar e observar. Seguir lendo
Aproximacións a Manoel Antonio
X. Ricardo Losada. Máis alá do seu brillante currículo, e do seu talante persoal, o que máis me gusta de Roberto Abuín é o seu evidente amor pola filosofía, e por unha filosofía que el concibe, coma min, como un debate aberto sobre as ideas. Non outra debeu ser a razón pola que se lanzou a crear unha editorial, Axóuxere, que segue unha arriscada liña experimental e de rigorosa reflexión sobre o mundo, cando as tendencias dominantes van en dirección contraria. Seguir lendo
El desafortunado, de Ariel Magnus
Xerardo AgraFoxo. Este libro conta unha historia ben coñecida polos lectores interesados polas escouras deixadas polo Holocausto. No ano 1950, baixo o nome de Ricardo Klement, estableceuse na Arxentina, contando coa protección do peronismo, Adolf Eichmann, un dos principais arquitectos da “solución final”. Dous anos despois chegou a súa muller e os fillos. Comezaban deste xeito unha vida plácida até que un encontro fortuíto nun cine de Bos Aires lle deu pistas ao Mossad para capturalo no 1960. A historia posterior tamén é ben coñecida. A través dunha escrita moi coidada, Ariel Magnus (Bos Aires, 1975) conta a vida clandestina e discreta deste criminal nazi que, amparado pola comunidade alemá na Arxentina, nunca rexeitou os asasinatos cometidos polo nazismo nin a súa intervención directa como responsábel Seguir lendo
Paisaxe dende a xanela
Jose Lires. Vivimos tempos extraordinarios. O inverno, obrigado polo calendario, dá paso á primavera que nos sorprende estreando unha situación inédita. Unha reclusión forzosa co propósito de evitar a propagación dunha emerxente enfermidade zoonótica. Seguir lendo