Arquivo da categoría: Ciencia

Antonio Novo Campelo, un médico de Muros

O Escritor. Tratado_de_farmacologia_experimental_y_terapeutica jpgPastor Rodríguez. Antonio Novo Campelo naceu en Muros en 1878 e licénciase en Medicina en Compostela en 1901. En 1904 era xa Director de Baños e estivo dirixindo os de Verín, A Toxa e Baños de Molgas. En 1909 gañou a Cátedra de Terapéutica na universidade de Zaragoza e, ao ano seguinte, trasladouse á de Santiago. Amais diso, ampliou os seus coñecementos en universidades de Alemaña. Foi un dos grandes hidrólogos da Galicia do século XX, con moito prestixio fóra do noso país. Especialista en Crenoterapia e Hidroloxía Médica, colaborou nas revistas Medicina y Cirugía, Boletín de la Universidad de Santiago, Galicia Clínica e Anales de la Sociedad Española de Hidrología Médica. En 1918 publicou en Compostela Valor de La Estrada como estancia climatérica de altura media. Seguir lendo Antonio Novo Campelo, un médico de Muros

Silencio, de Agustín Agra

silencioPedro García Vidal. Regresa Agustín Agra con este Silencio, libro de relatos publicado pola Editorial Galaxia, aos andeis das librerías, logo dunha paréntese de cinco anos. Pagou a pena a espera. Nun tempo onde predomina o balbordo, no que con frecuencia se confunde opinión con competencia, aparece este Silencio concibido como “un cadro puntillista”, en palabras do autor, no que oito, relatos engarzados como unha novela nos levan dende a competencia a interrogarnos sobre a nosa propia existencia. Poderiamos dicir que aínda que os protagonistas son xente da ciencia, non estamos ante un libro de ciencia nin de divulgación científica, senón ante un libro que trata da natureza humana. Seguir lendo Silencio, de Agustín Agra