Miguel Mariño. Teño nas mans a magnífica antoloxía Fruta extraña. Casi un siglo de poesía española del jazz (Sevilla, 2013), de Juan Ignacio Guijarro, a máis completa e informativa das que circulan en castelán. Ben definida como “española” porque inclúe tamén exemplos de poesía catalá (Espriu, por exemplo) e galega (Manuel Rivas), sempre que atopase versión castelá fiable. Ademais é “española” porque exclúe poetas hispanoamericanos, agás que se nacionalizasen (Neuman, Cristina Peri Rossi). Só lle atopo unha ausencia importante, a da galega Mª do Carme Kruckenberg, autora de Jazz espido. Un e dous (Cangas, Barbantesa, 2011), con trinta e catro poemas en versión bilingüe, castelán-galego, que tivo o antecedente de Jazz espido (Sada, O Castro, 1999). No poemario están os nomes fundamentais do jazz. Seguir lendo Poesía e Jazz-Unha antoloxía (I)
Arquivo da categoría: Miguel Mariño
Fútbol e poesía para a Eurocopa
Miguel Mariño. Estamos xa en Eurocopa, eu diría que aínda sen moito ánimo. O home xogou dende sempre e xa sabemos que a poesía grega celebrou os seus atletas, pero ata o século XX a presenza do deporte na poesía foi escasa, porque quizais se consideraba unha actividade “pouco poética”. Algo máis aparece o deporte na prosa, pero serán as primeiras décadas do século XX e as vangardas o momento de explosión do deporte na literatura. Se eu tivese que elixir catro termos para amosar a entrada da modernidade na poesía, elixiría estes: jazz, cine, aeroplano e deporte. Na poesía española e catalá a eclosión do fútbol nos textos é dos anos vinte e trinta e hai xa varias antoloxías que recollen os poemas de fútbol. Seguir lendo Fútbol e poesía para a Eurocopa
Que perdure este mundo! A poesía de Yves Bonnefoy
Miguel Mariño. “Que perdure este mundo, malia a morte! Cinguida sobre a ponla a oliva gris”. Así remata un dos poemas de Les planches courbes (As táboas curvas) do poeta francés Yves Bonnefoy (Tours, 1923), do que dispoñemos en versión bilingüe de Jesús Munárriz (en francés-español) para a editorial Hiperión (2003), na que xa se publicara Principio e fin da neve. Versión moi lograda, mais non literal.Cando a Academia Sueca concedeu o premio Nóbel a Le Clèzio ou a Modiano, dous bos autores, foron moitos os que pensaron que tería sido máis axeitado premiar en francés a Michel Tournier, recentemente falecido, ou mellor aínda a Bonnefoy, o peta vivo máis importante de Francia despois de Pierre-Jean Jouve, sen desprezar a obra de Pierre Emmanuel. Seguir lendo Que perdure este mundo! A poesía de Yves Bonnefoy
Galicia Bilingüe e as Illas Feroe
Miguel Mariño. Leva moito tempo en silencio Galicia Bilingüe, quizais porque xa logrou os seus obxectivos principais: un decreto humillante para o ensino da lingua galega e o maior dano posible para o idioma. Cando estabamos de cheo no debate, os partidarios do español non se cansaban de argumentar que o sistema que procuraba o decreto do ensino do galego bipartito só se daba nas illas Feroe. Ademais de mentir, pois ignoraban aposta o caso catalán ou o caso belga, falaba de tal xeito das illas Feroe que moitos podían chegar a pensar que se trataba dunhas illas en Oceanía habitadas por analfabetos caníbales ou de furiosos fascistas “boers” que practicaban a segregación racial. Seguir lendo Galicia Bilingüe e as Illas Feroe