Arquivo da categoría: Miguel Mariño

Un poeta elexíaco e campesiño

Clare antologiapoeticaMiguel Mariño. John Clare (1793-1864) é un poeta presente nalgunhas antoloxías británicas do Romanticismo, aínda que o seu espírito fose nalgúns casos pre-romántico, que tivo defensores ilustres (Dylan Thomas, Ted Hughes), pero que ficou escurecido por Byron, Keats, Shelley, Coleridge, Goldsmith, Wordsworth, Collins, Lamb e ata Southey. Un poeta campesiño non só pola súa humilde orixe senón tamén polo seu amor pola natureza, pola vida do campo, que fóra dese marco se sentiu exiliado e chegaron cinco quilómetros para facerlle sentir que perdera a súa patria. Seguir lendo Un poeta elexíaco e campesiño

Diálogo de camiñantes: Hazlitt-Stevenson

nórdicaMiguel Mariño. A editorial Nórdica, na súa colección Minilecturas e en tradución de Enrique Maldonado Roldán, vén de editar Caminar (2015), un breve libriño con dous ensaios sobre a arte de andar, de camiñar, que non de pasear nin de facer deporte. O primeiro, “Das excursións a pé”, é de William Hazlitt (1778-1830), o mellor, con De Quincey, dos ensaístas ingleses posteriores ao doutor Johnson, sen desprezo para Charles Lamb. Un espírito libre, xacobino, máis cómodo á contra que co vento a favor. Un dos máis agudos lectores de Shakespeare, para quen camiñar é unha das máis gozosas experiencias. Pero para camiñar ben hai que camiñar só, para compañía chega e sobra a Natureza. Seguir lendo Diálogo de camiñantes: Hazlitt-Stevenson

Hipnótico Modiano

Para_que_no_te_pierdas_CobA.inddMiguel Mariño. Confeso que non canso nunca de ler Modiano, que consegue atraparme entre a brétema e o misterio e creo que a novela de 2014 Pour que tu ne te perdes pas dans le quartier, traducido agora para o español por Teresa Gallego Urrutia é unha das súas mellores obras, a perfecta síntese de néboa, limpidez de estilo, “autobiografismo” e epifanía. Un logro non fácil en que xa conseguira obras como Rúa das Tendas Escuras, Tan bos rapaces e A herba das noites. Sei que hai quen se cansa de ler en Modiano, que lles parece a moitos repetitivo, pero ninguén pode negar dous méritos: un estilo propio único e a capacidade de recrear París. Non é pouco para unha cidade descrita miles de veces, pasto e lameiro xa de turistas. Seguir lendo Hipnótico Modiano

Glauser, escritor policial?

glauser 1Miguel Mariño. Nas orixes mellores do policial en lingua alemá está Glauser (1896-1938), nacido en Viena e suízo de nacionalidade. Un escritor audaz para o seu tempo, próximo a Simenon pola magnífica captación de ambientes, menos etéreo ca este pero máis contundente. Novelas como Schlumpf, Erwin: Homicidio ou O reino de Matto amosan ben o seu estilo. Crea un policía, Studer, máis perto de Maigret ca de Holmes. Humor , ás veces negro, un raro lirismo irónico, pouco “suspense” e boas descricións. A Suíza ordenada e os seus problemas. Un autor importante no xénero que se negaba a considerarse importante, pois tíñase por un “narrador policial sen máis”. Seguir lendo Glauser, escritor policial?