Arquivo da categoría: Cine

Buena Vista Social Club, 25 anos despois

81tgFNHw2PL._SY355_Gonzalo Trasbach. Cuba: son e ritmo. Música. Sensualidade e cadeiras cimbrando. Bocas pintadas, frescos sorrisos. Luxuria salgada nas rochas do malecón. A Habana. Silencio e ruído. Ateigada de cornechos misteriosos. Nenos xogando na escuridade morna da noite en rúas poeirentas. Escunchada coma unha vella desdentada bailando un bolero cun puro na boca. Mirada de bicha que che di ao pasar: <Si te tratan mal allá, ¡vente pa´ca, mi amol!”>. Seguir lendo Buena Vista Social Club, 25 anos despois

Homenaxe a The Velvet Underground & Nico

a1Gonzalo Trasbach. Aproveitando o tirón do documental que o cineasta Todd Haynes (Los Ángeles, 1961), The Velvet Underground, presentou na pasada edición do Festival de Cannes e que Apple TV+ estreou o día 15 deste mes, a compañía discográfica Verve decidiu publicar unha adaptación ou recompilación do crucial e primeiro álbum da banda que definiu a Nova York dos anos sesenta, cuxo son e actitude continúan resoando nos tempos actuais: I´ll Be Your Mirror: A Tribute To The Velvet Underground&Nico. Seguir lendo Homenaxe a The Velvet Underground & Nico

Liquidación emocional e esperanzas marcianas

madre-e-hijoIgnacio Castro Rey. Unha emoción é “un estado afectivo intenso que aparece de forma súbita e que vai acompañado de cambios condutuais, fisiolóxicos e hormonais pasaxeiros”. Podemos dicir que as emocións e os sentimentos son equiparables, aínda que algúns estudosos definen estes últimos como estados anímicos menos intensos e cunha duración a longo prazo. Seguir lendo Liquidación emocional e esperanzas marcianas

A soidade do corredor de fondo

20187810Gonzalo Trasbach. Unha das tarefas que me impuxen nos dous meses do confinamento foi a de recuperar a disciplina que practicara durante o maio de 1974, cando aquel réxime despótico que por entón nos gobernaba e que tantos devotos aínda conserva entre nós, me encerrou na cadea provincial de A Coruña. De tal xeito foi así que unha das actividades que levei a cabo consistiu en visionar algunhas das películas de cine clásico que me tiñan marcado ou impresionado no seu momento. Esta decisión levoume a revisar as cintas da miña curta pero ben escollida e coidada filmoteca. E removendo nos andeis batín coa Soidade do corredor de fondo, unha cinta dirixida por Tony Richardson Seguir lendo A soidade do corredor de fondo