Conversas de escaparate. O recendo das sombras

probadores1Fidel Vidal. -O cartel non ten que ver co vello chiste de sermos “probadores”, de señoras nin de señores. Pertencemos a un antigo gremio incomprendido. Eu era un experto no metal. Probaba navallas, follas de afeitar, gadañas, tesoiras, agullas. Si, agullas, incluídas, como unha excepción, as das atadoras, que eran de madeira. Seguir lendo

Desexos cumpridos

bonillaFidel Vidal. Yo soy. Yo eres. Yo es. Yo somos. Yo sois, Yo son. Se queres sobrevivir, deberás conxugar o verbo ser desta maneira. Así comeza Yo soy, yo eres, yo es, de Juan Bonilla (Ed. Imperdonables, Árbol de Poe, 1995), unha orixinal novela de menos de cen páxinas. Non resulta fácil conxugar o verbo ser. O máis difícil está en crelo. Para non conformarse con sobrevivir, o seguinte paso será aprender conxugar o verbo amar: eu ámome, ti ámasme, el ámame. É unha novela de amor, sobre o primeiro amor, os amoriños primeiros que, como a raíz do toxo verde, “son moi malos de olvidar”. Seguir lendo