Domingo Regueira. A mocidade cabalga cara ao monte de Santo Alberte. Van con ansia de aparellarse, e corren a botar a tella para acabar co único románico que nos queda na moi nobre, leal e humanitaria cidade. Ao que inventou este neo-atavismo quedoulle a cabeza como a daquel crego, Miguel Molinos, do que dicía o mestre Juan Bautista Martínez Lemiña Seguir lendo Santo Alberte
Arquivo da categoría: Domingo Regueira
SARS-CoV-2
Domingo Regueira. Un convoi da armada diríxese cara o suroeste barbancés. O destacamento penetra na cidade das corredoiras remolcando o requisado tren “Chu-chú”, onde levan persoal sanitario, garrafas de vacinas e arame de espiño.
No hospital da Barbanza atracou un autobús con turistas do INSERSO cargados de virus. Seguir lendo SARS-CoV-2
A siña Rodolfa
Domingo Regueira. Coa a cabeza enchufada nas pranchas, a siña Rodolfa perecía a raíña de Inglaterra coa súa pamela xardín. Levaba tres colchóns de espuma, que non se lle vía a cabeza.
Eduardo, que dende a tenda viu pasar aquela plataforma, saíu correndo a indagar o que era e, polos zapatos sen cordóns, descubriu que a portadora era a siña Rodolfa.
—Siña Rodolfa, de onde vén con tanta carga?
E con voz de bufanda, contesta: Seguir lendo A siña Rodolfa
O poeta e a mosca
Domingo Regueira. Polas húmidas corredoiras, a imprecisas zancadas, o poeta semella cabalgar sobre colchóns de carrupa, debuxándose no contraluz coma un espavento.
Co lapis nunha man e o bloque noutra, os aterrados transeúntes estámpanse contra a parede para que non lles arranque un ollo. Seguir lendo O poeta e a mosca