Arquivo da categoría: Marina Losada

A nena do espello. Desenguedellar, alisar e compoñer

Marina Losada Vicente. Pitusa miraba preocupada o espello, colocado á altura precisa para que seu pai se barbeara, no que a peiteaban a diario. A nai non estaba. Tampouco a avoa. Non tiña quen a asease e, polo tanto, non podía saír á rúa, prohibido o tiña, na que xa xogaba seu irmán. Subiu a unha banqueta. Tocaba desenguedellar, alisar. Desfixo as trenzas amodo, dando conta de que tiña que volver compoñelas. Seguir lendo A nena do espello. Desenguedellar, alisar e compoñer →

Atril de discursos

Marina Losada Vicente. Foi como entrou na empresa. Deitada baixo a sombra dunha árbore cuxo tronco ben tería un metro de diámetro. Diante, ao sol, sentan dúas mulleres. O que alí falaron, alleas de todo a que eran escoitadas, formou en Marciala a idea de presentarse diante do dono de Cadeas Atlánticas. Ao día seguinte empezou a traballar como secretaria. Agora ten diante unhas vinte mesas repletas de comensais. Acaba de recibir o consabido reloxo de ouro, premio á súa traxectoria profesional, a dous días de xubilarse. Seguir lendo Atril de discursos →

Cuestión de datas

?????????????????????????Marina Losada Vicente. Tivo mala sorte, moi mala sorte. Un cambio de nome da súa rúa provocou que cando foi á policía renovar o carné lle pediran un certificado de empadroamento. Cando llo levou, a axente reparou en que aparecía como nada no 1946 cando no DNI constaba o 1948. Celsa insistiu que iso non era problema dela, que a data do novo documento tiña que ser a mesma que a do vello. Seguir lendo Cuestión de datas →

Pentagrama de excrecións

png-transparent-musical-note-graphy-musical-note-brown-photography-materialMarina Losada Vicente. Chamáballes a atención que cando Luís ía ao  baño, tiraba da cisterna cada pouco. Para uns, significaba que se aburría. Para outras, que non soportaba o seu propio cheiro.

Na cea de nadal, con copas de máis, acabaron falando de cagadas e mexadas, e, dentro do desvarío, alguén preguntou que pasaba coas feces do compañeiro, se resultaban “pegañentas de máis” para que necesitasen ración cuádrupla de auga. Seguir lendo Pentagrama de excrecións →