Arquivos da categoría Música

Doctor Migraña e Chamaquito Pistolas

CHAMAQUITO PISTOLAS E DOCTOR MIGRAÑAMaría Xesús Blanco. BINOMIO MUSICAL. Cando chego á Recoveira, Nando Pérez está sentado nunha mesa que mira á praza. A temperatura é suave e apetece o aperitivo. A Nando gústalle falar, pero tamén escoitar. Necesita a pregunta concreta para dar unha resposta co detalle que ti necesitas oír. De contado chega Carlos. Chamaquito Pistolas e o Doctor Migraña. Continue reading Doctor Migraña e Chamaquito Pistolas

Un bo feixe de discos

64e4260d57afc73efdf0c7995ad88372_395Gonzalo Trasbach. Quere un empezar este comentario sobre este estupendo feixe de discos falando un pouco do último álbum que publicou un conxunto da nosa vila: Triángulo de Amor Bizarro, formado por Rodrigo Caamaño (voz, guitarra), Isabel Cea (voz, baixo), Rafael Mallo (batería) e Rubén Muñoz, “Zippo” (teclados e guitarra). O grupo vén de titular o quinto álbum da súa carreira co mesmo nome que o da banda e tamén o da súa ópera prima, debut que tivo lugar hai algo máis dunha década, aló polo 2007, ano no que tamén sacaron á luz “El hombre del siglo V” Continue reading Un bo feixe de discos

Recordatorio de Ian Curtis e de “Closer”

Ian-Curtis-Joy-DivisionGonzalo Trasbach. O pasado luns cumpríronse corenta anos do suicidio de Ian Curtis, o enigmático cantante de Joy Division, icónica banda do post-punk británico. Dous meses antes do fatídico desenlace gravárase “Closer”, xustamente un pouco despois do sete polgadas Love Will Tear Us Apart. Sobre unha poética sombría, un desarraigo emocional, unha desolación existencial e un furioso nihilismo tecía as súas paisaxes sonoras Ian Curtis (Manchester, 1956). Continue reading Recordatorio de Ian Curtis e de “Closer”