Arquivo da categoría: Música

Homenaxe a The Velvet Underground & Nico

a1Gonzalo Trasbach. Aproveitando o tirón do documental que o cineasta Todd Haynes (Los Ángeles, 1961), The Velvet Underground, presentou na pasada edición do Festival de Cannes e que Apple TV+ estreou o día 15 deste mes, a compañía discográfica Verve decidiu publicar unha adaptación ou recompilación do crucial e primeiro álbum da banda que definiu a Nova York dos anos sesenta, cuxo son e actitude continúan resoando nos tempos actuais: I´ll Be Your Mirror: A Tribute To The Velvet Underground&Nico. Seguir lendo Homenaxe a The Velvet Underground & Nico

O embruxo vén do outro lado do Ulla

a0407855707_10Gonzalo Trasbach. “Embruxo” é o segundo álbum do proxecto musical bautizado como Baiuca (establecemento de servir bebidas, xeralmente de carácter modesto e popular. Taberna, tasca. Segundo di o Dicionario da Academia Galega) de Alejandro Guillán (Catoira, 1990), que se estreara na escena nacional co formidable “Solpor”. Neste novo traballo a música tradicional galega e celta vese transfigurada a golpe de sintetizadores, de elementos electrónicos, xerando unha atmosfera sónica que embruxa a quen se quere deixar embruxar, sobre todo. Seguir lendo O embruxo vén do outro lado do Ulla

Robert&Robert: vidas cruzadas

ab67616d0000b273660561ea691a62bed9cdbff0Gonzalo Trasbach. Domingo. 5 de setembro. Tarde sufocante. Lenta e talvez un pouco máis aburrida do habitual. Atopamos en YouTube un afastado concerto do 1971 de Soft Machine, que arranca coa memorable Moon in June. Busco algunha información sobre Robert Wyatt, o cantante e batería dunha formación fundada no 1966 e que xunto con Caravan foron os expoñentes más sobresaíntes do chamado Son Canterbury. No equipo inicial, ademais de Wyatt, estaban Kevin Ayers, Mike Retledge, Hug Hooper, Alan Holdsworth, Daeven Allan Seguir lendo Robert&Robert: vidas cruzadas

En memoria de Charlie Watts

Charlie_Watts_Berlinale_2008_croppedGonzalo Trasbach. Como seguramente todos saiban, o pasado 24 de agosto deste 2021 de gloria faleceu Charlie Watts (Londres, 1941), o emblemático batería dos Rolling Stones. Da man dun dos fundadores do mítico grupo londiniense, Brian Jones, entrou a formar parte da banda no 1963, onde ficou até a súa morte. Antes xa finara Jones, quen apareceu misteriosamente afogado na piscina da súa casa un 3 de xullo do 1969, cando só contaba con 27 anos. A este substituíuno un estilista coma Mick Taylor, un brillante alumno de John Mayall que deixou a agrupación no ano 1974, cinco despois da súa incorporación. E a este, Ron Wood. Cando se deu a noticia de que as súas británicas “Maxestades” estaban preparando unha xira por Estados Unidos Seguir lendo En memoria de Charlie Watts