Conversas de escaparate. Bonecas

7D4F.tmpFidel Vidal. -Estou tan feliz…

-Eu non diría o mesmo.

-Cada unha sabe o seu.

-Dígoo por min.

-Perdoa.

-Porque non busquei este embarazo.

-Apenas se che nota.

-A ti véseche ben guapa.

-O primeiro en medrar son as tetas.

-Ti tamén estás máis guapa.

-A culpa foi toda del.

-E ti, que?

-O moi cabrón dixo que controlaba.

-Os homes que van controlar!

-Unha que é confiada.

-Pois eu, estou encantada da vida polo que espero.

-En estado de boa esperanza.

-Iso é o que se adoita dicir.

-O meu porvir navega por outros rumbos.

-E que vas facer?

-Ti que pensas?

1B5.tmp-Eu nada, non penso nada, só no que vén, na miña felicidade.

-Na túa fertilidade. Igual saen xemelgas.

-Vai ti saber, dúas ou tres. As que Deus mande…

-Poñendo algo da túa parte, digo eu.

-Seguro.

-E o mozo que, como responde o mozo a respecto diso?

-O mozo non di nada porque nada ten que dicir.

-Xa que somos manequíns, que pariremos?

-Bonecas, pariremos lindas e fermosas bonecas.

2 comentarios en “Conversas de escaparate. Bonecas

  1. Fidel:
    Un buen texto para unos trajes premamá.
    Menos mal que son bonecos os que van de camiño, porque se ademais o mozo non se ocupa do paquete… Xa mo dirás. ¡Pobre rapaza e boneca!

    Un beso con mi aprecio sincero.

    1. Naty:
      Menos mal que son bonecas, así é. Elas non gastan un can en pañales nin en biberóns. Cousas das vitrinas. Grazas pola compaña e unha forte aperta. Saúde.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *