Sabichona

como-cepillarse-los-dientesMarina Losada Vicente. A miña amiga, que traballou nunha clínica dental, vive moi preocupada coa inxestión alimentaria e coa hixiene bucal. Despois de darlle froita en abundancia e mentres a neta come o seu bocadillo de bolo da panadería, recórdalle que deixe un cacho de pan para despois do “premio” que lle prometeu, que non é outra cousa que unha onza de chocolate. A miga, despois de comer algo tan facedor de caries, actúa a modo de limpador,  recórdalle súa avoa, cando non podemos cepillarnos.

Unha cousa sempre leva a outra, e eu comentei que, antes de deitarme, dúas horas despois de cear e de lavar os dentes, acostumo a tomar medio vaso de leite e unha culler de mel. Mel? Tal fixen!

Reprendeume, igual que á neta. Explicoume que, mentres durmimos, non salivamos e polo tanto, o que queira que sexa que propicia as lesións nos dentes -non recordo con exactitude as súas palabras-, ten moitas horas para traballar, negativamente, na destrución da nosa boca!

Cun cabreo infantil, a todas luces inxustificado, aínda que me botara a perder o deleite nocturno, e recordando como me chamaba na escola, na que dicía que eu era moi lista, estampeille na cara:

-Mira quen é agora a sabichona!

6 comentarios en “Sabichona

  1. Querido amigo Gonzalo:
    Ainda que a cabeza está coma unha menestra de confusión e nerviosismo, hai que facer de tripas corazón e encaixar o que nos chegue co debido estoicismo.
    A vida segue. Moitas grazas polas tuas palabras.
    Unha grande aperta.

  2. Bo día. Ver estas liñas túas aquí e hoxe dime (ou iso creo) que estás recuperando o teu ánimo, aínda que xa sabemos que esa non é unha ecuación fácil de resolver. Sentín moita alegría ao toparme coa túa participación. Dulces bicos, como decía Pasolini que lle daba súa nai, nosa amiga.

  3. Querida Magdalena:
    Celebro verte por el Café Barbantia, de nuevo, aunque sea de manera tan “escueta”, pero contenta de tenerte entre nosotros.
    Lo mismo le digo a Marina que ya ha cogido las “riendas” de sus estupendas narrativas, dándonos una magnífica lección de higiene dental con su sabichona- sabelotodo.
    De limpieza bucodental podría dar una lección magistral de la misma, por los muchos años que llevo con los profesionales de Odontología. Cirugía Maxilofacial y Otorrinolaringología. Por eso el tema bucal, para mí, es harto conocido.
    O meu problema non se trata de cepillo eléctrico; maís ben de aspirador para que non queden “frangullas” entre os dentes.

    Un abrazo a las dos.

  4. Moi boa costume a do leite coa mel, pero fai caso á sabichona . Sempre antes de cepillar os dentes. Despóis dalle tregua aos carrillos ata o día seguinte.
    Boa noite, querida Marina.

    1. Fágolle caso, si, máis de momento con mal sabor de boca! O que non deixo é o medio vaso de leite morna… parece que chama polo sono. Bicos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *