A lei do menor, de Ian McEwan

la ley del menorInés Otero. Fiona Maye, unha comprometida xuíza dun Tribunal Superior, vive unha situación inquietante. Debe asumir o caso de Adam Henry, un menor de idade que precisa, para vencer a leucemia, unha urxente transfusión de sangue. Algo normal se non fose que os pais son testemuñas de Xehová e están dispostos a defender os seus postulados relixiosos. No medio deste dilema, Jack, o seu home, pídelle permiso para manter unha aventura sentimental cunha tal Melanie. Baixo esta dobre problemática moverase –durante uns días– a vida desta xuíza inglesa, unha muller que está habituada a implantar con firmeza a legalidade nun xulgado de familia, pero que amosa serias dúbidas no seu comportamento cando debe resolver o conflito que ameaza a súa estabilidade matrimonial.

En A lei do menor (2015), o mestre da novela británica contemporánea compón unha historia narrada con sobriedade e elegancia, sen buscar rebuscadas sorpresas argumentais ou comportamentos desmesurados dos seus protagonistas, onde o elemento central da obra é Fiona Mayer. Ian McEwan and Alex Salmond at International Book FestivalCando está a piques de cumprir sesenta anos, as súas decisións non só marcarán os comportamentos dos cidadáns que acoden ao seu tribunal. Baixo estas perspectivas, McEwan (Aldershot, 1948), convértese nun hábil narrador das emocións e nun novelista experto en dirimir asuntos tan delicados coma o enfrontamento entre a xustiza e a fe ou a ética condicionada pola moral.

Esta novela é unha peza curta –apenas 200 páxinas– que tamén atrae o lector porque, detrás da sinxela trama argumental, se albiscan as dúbidas do autor, as mesmas que temos nós cando debullamos estas páxinas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *