Tumulto, de Hans Magnus Enzensberger

tumultoInés Otero. O libro comeza cunha viaxe deste autor (Kaufberen, 1929) á Unión Soviética no ano 1963, onde tivo a oportunidade de coñecer, xunto con Jean-Paul Sartre e outros intelectuais europeos, a Nikita Jruschov nas marxes do Mar Negro. Unha recepción que deixou na mente do escritor unha negativa imaxe do dirixente ruso: “un hombre sin secreto en el vértice del Estado”. Despois relata outra viaxe máis ampla por diversos territorios da URSS. Sendo neste periplo cando coñece a María Aleksándrovna Makarova –que se converterá na súa segunda muller despois dunha voda civil en Moscova no ano 1967– e explórase as terras máis illadas dun país atravesadas polo Transiberiano. A súa teima viaxeira tamén o levará a Cuba nos momentos máis incertos da Revolución xurdida nos outeiros da Serra Maestra. Coa ruptura definitiva co réxime castrista, por culpa do arresto e condena do poeta Heberto Padilla no ano 1971, emprenderá outras viaxes por un mundo ateigado de conflitos de fonda transcendencia, como a Guerra do Vietnam ou a Revolución Cultural  de Mao.

tumulto2Tumulto (2015) ou Memorias dunha Revolución Imposible, máis ca unha obra autobiográfica, é unha excelente oportunidade para coñecer as reflexións deste prestixioso escritor (Premio Príncipe de Asturias, 2002) sobre unha das épocas máis convulsas da  historia actual, un mundo de luces e sombras, un tumulto, que non deixou indemne a ningún intelectual daquel tempo.  Tamén paga a pena lelo polos personaxes que pasan por estas páxinas –Pablo Neruda, Iliá Ehrenburg, Yevgueni Yevtushenko, Andreas Baader ou Lezama Lima–  onde o autor realiza varios retratos sen concesións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *