Radiotelescopio don Faustino

extra1X. Ricardo Losada. Anda Stephen Hawkings liderando un proxecto internacional (construír naves interestelares que viaxen a velocidade relativista) para atopar vida extraterrestre. Canto máis vello vai, máis convencido está de que non somos os únicos habitantes do universo. Se vos parece a típica extravagancia dun xenio incapaz de aportar novos descubrimentos á ciencia, debedes saber que China acaba de pór a funcionar o radiotelescopio Fast, o máis grande do mundo, co mesmo obxectivo. Como non podía ser doutro xeito, nun tema que compete á exploración do ceo e que pode cuestionar a mesmísimo Xénese (os extraterrestres non procederían de Adán e Eva), o Vaticano segue con moito interese esas investigacións.

     Pois sendo así, aconséllolle ao Papa que lea o que escribiu, antes do Concilio Vaticano II, un dos seus máis fervorosos fieis, o crego e poeta Faustino Rey Romero. Cando investiguei a súa produción periodística para escribir a súa biografía chamoume a atención un artigo que publicou en El Faro de Vigo en decembro de 1957. Titúlase La pluralidad de mundos habitados y el dogma católico. Sorprendeume que a un crego labrego, entregado aos problemas de aldeas que practicamente vivían na Idade Media, e que fora educado na Teoloxía máis ortodoxa, lle interesase un tema como aquel. Pero aínda me sorprendeu máis a postura que defendía. Nunca poderá haber contradición entre a verdade científica e a verdade teolóxica, dicía, algo que, en principio, non sería sorprendente nun católico se deseguido afirmase, como Santo Tomé, que en caso de que esa contradición aparecese, o científico debería optar pola verdade teolóxica. Non é o caso de don Faustino. El afirmou con rotundidade que “…el Dogma asistirá impasible a cuantos descubrimientos se lleven a cabo, por muy sensacionales que ellos sean, cómo en efecto, lo son más cada día”.

 naves     E aínda ía más alá: “Hoy se relamen de gozo ciertos espíritus de mirada miope o extraviada en la perspectiva de la ortodoxia, porque estiman comprometida ésta ante la innegable hipótesis de la existencia de pobladores humanos de otros mundos. Hipótesis que ni la Teología ni la Filosofía pueden recusar”. E, deseguido, concluía que, sen ningún tipo de dúbida, e tivesen a pinta física que tivesen, se eses extraterrestres eran racionais, tamén serían humanos. Dedicarei outro artigo á súa curiosa argumentación. Neste limitareime a pedir que unha desas naves interestelares que S. Hawkings quere mandar aos confíns do universo leve o nome dese crego de Isorna que, nunha época tan represiva e escura, defendeu, contra vento e marea, os dereitos humanos dos alieníxenas. Sei que é altamente improbable que a proposta prospere, pero iso é o de menos. No referente ao seu prestixio persoal don Faustino prefería os soños (ser un gran poeta ou ser embaixador de Noruega na romaría viquinga, por exemplo) ás realidades. Para facer os soños realidade xa estaba o mundo extraterrestre, perdón, quixen dicir o mundo celestial.

14 comentarios en “Radiotelescopio don Faustino

  1. Por alusiones querido Mingucho. Vuelvo a recomendarte una edición de Losada. ” Obra poética e teolóxica ” de don Faustino. La introducción que le regala José Ricardo a esta obra es una maravilla. A ver si puedes leerla para que te convenzas de cuanto admiraba nuestro amigo el profesor Losada a don Faustino.
    Losada eligió una frase de James Joyce para esta obra y reza así: ” La única pregunta que importa sobre un libro es a que profundidad se originó en el alma de quien lo escribe”.
    Pues bien, cuando el profesor Losada escribió el ” limiar ” de esta obra poética y el libro de FRR. la profundidad a nivel de cariño y respeto, era abisal.
    Un biquiño Mingucho

  2. Caro Mingucho:
    Non coincido para nada contigo. Na miña biografía de FRR hai moitas anécdotas, pero tratadas todas como categoría, tanto desde o punto de vista psicolóxico como ideolóxico. E todas esas dimensións das que falas aparecen no libro, tanto a crítica ao franquismo como ao bispo de Tui ou a unha Igrexa fosilizada. Un dos obxectivos fundamentais da biografía é precisamente superar a visión de don Faustino como un cúmulo de anécdotas choqueiras, visión ata ese momento predominante, e que a min tanto me doía. E, humildemente, creo que o conseguín.
    Sen acritude, agora si teño que dicir que cando un expresa publicamente unha opinión sobre un libro, antes debe lelo, e non basearse en opinións de terceiros conseguidas ás présas por internet, e que, para máis, están moi lonxe de coincidir con esa opinión que ti expresas. Se non fose porque non quero que me comparen con Umbral (Vengo a hablar de mi libro), recomendaríache que o leses antes de emitir opinións que o denigran.
    Saúdos (agora un pouco enfadados)

  3. “Ten que sabelo Deus. El é o único que pode xulgar ” ¡¡ haberlas, haylas eh!! Jajaja, Me agrada que hayas escrito Deus con mayúscula.
    La controversia es buena, cada uno ve las cosas a su manera y todas las ideas son respetables.
    Un biquiño

  4. Caro Losada:
    Recoñezo a miña lixeireza na interpretación do teu artigo sobre o ilustre crego de Isorna.
    Nese intre non fun consciente das poliédricas caras que todos temos.
    Sei que na túa biografía sobre o crego, escolliches unha delas, predominando á máis anecdótica. Pois segundo conta o teu coñecido Xavier Ferruxo, hai un feixe de valores que dan, para compoñer varios tomos sobre a súa calidade humana, intelectual e libertaria, onde o mesmo arremete contra o réxime, a súa igrexa, lexisladores e caciques residuais.
    /¿No oyes en sueños sus voces/
    Clamando al Juez Eternal?/
    ¿Aquellos no reconoces/
    Que te llaman criminal?/
    ¡Que che vou dicir, que ti non saibas?
    Coido que na figura deste insigne personaxe, tamén hai tema, para unha novela policiaca con escuros tinxes criminais.
    O perfil vital e psicolóxico de Faustino, non daba para rematar desta maneira, pero xa el o presentía cando segundo o teu coñecido Xavier Ferruxo na súa biografia conta:
    «Nunha carta dirixida a súa amiga vivariense e colega, a poetisa Luz Paz Garra, entre outras cousas dille:
    “Tengo muchas preocupaciones y dificultades. Ello me pone largas temporadas al margen del trato social. En fin es que la vida es dura y pesa…
    Como posible evasión de estas desventuras veo el camino de la emigración.>>

    Dá a impresión de que algo grave intuía sobre a súa postura, aínda que non sospeitaba que na súa congregación puideran chegar a este axustizamento.
    Facían falta polo menos, unha ducia coma el, tanto no Vaticano coma no noso estado “bufo”, para recuperala a dignidade como nación.
    Coido que foi un gran representante da esquecida doutrina cristián, aínda que andibese metido en palleiros, alpendres e alcobas. Todo iso eran consecuencias do absurdo celibato. Si esta tortura non existise, os seminarios conventos e mosteiros, non estarían sodomizados. E consecuentemente o reverendo non fose vilipendiado.
    Unha aperta, mestre. E ti que podes, investiga nesa outra cara do poliedro e publica o segundo evanxeo.
    P.D. Coma sempre vaia esta parrafada tamén, para a miña querida veciña Magda.

  5. Esta Magdalena “é o demo”: me ha obligado a estar pendiente toda la mañana de la subida de su nuevo comentario. Acabo de leerlo y me ha entrado el gusanillo de lograr tu libro sobre el cura de Isorna. Espero que sea fácil encontrarlo y no me ocurra lo que con otros autores gallegos de los que no logro dar con sus obras.
    Te pido perdón si mi comentario puede tener connotaciones negativas. Todo lo contrario: me encanta lo que cuentas y como lo cuentas. Lo que ocurre es que la falta de experiencia en esto de la Informática, la pila de años, mi despiste de antología y otros añadidos, no me impiden centrarme en lo que hago y muchas veces me voy por los cerros de Úbeda… Que no me aclaro.
    He de volver con las croquetas que he dejado a medias.
    Reitero que me gusta lo que escribes y siento no poder tomar más parte activa en vuestro blog. Pero es bien cierto que el que mucho abarca…no da pie con bola.
    Siento no poder invitaros a croquetas: os aseguro que tienen buena pinta .
    Un abrazo.

  6. Quero que quede claro que eu non tomei o comentario de Mingucho como un ataque á miña persoa, senón como unha defensa ben intencionada de don Faustino. O único que quería aclararlle é que con don Faustino non valen os criterios de respecto que a sociedade burguesa considera válidos. Por non estenderme, direi que a don Faustino non lle parecería mal o que fixo ese crego tan criticado esta semana: disfrazarse do dono de Penthouse e simular que tiña relacións sexuais con mulleres, sempre que o fixese co entusiasmo e o bo corazón dun neno, que é o mesmo que dicir dun home de fe, ou para criticar a hipocrisía da igrexa en relación á sexualidade.
    E como sabemos se o fixo con boa intención? NOn temos que sabelo nós nin o bispo de turno. Ten que sabelo Deus. El é o único que pode xulgar.
    Eu, por desgraza, non teño fe en Deus, pero teño fe nos homes, como don Faustino, que teñen ese tipo de fe. Estou seguro que, chegado o momento, intercederán por min.
    Apertas agradecidas aos tres.

  7. Me había prometido no entrar en blog alguno –ni siquiera en el mío- durante una larga temporada. Pero Magdalena, que es muy persuasiva, insistió en que me leyese el artículo de Ricardo Losada y la respuesta de Mingucho.
    Me las acabo de leer y… ¿qué os puedo contar? Pero ya que os he leído a los tres, aunque haya vuelto hecha cisco después de una clase acelerada de más de 2,30hs de Internet y otras triquiñuelas, trataré de responder hasta donde pueda. (Tendré que leerlo otra vez, porque ya ni me acuerdo de lo que he leído).
    ¡Me rindo! Acabo de entrar de nuevo y ya son cuatro los comentarios. Esta Magdalena es única…
    Sigo:
    No encuentro nada descabellada la ¿ocurrencia? de Stephan Hawkings. Y, en lo que se refiere al Génesis, ya se buscaría la forma de compaginar lo científico con lo religioso.
    La prueba la tenemos en la teoría de la evolución, por citar algo.
    La experiencia de Dios hay que buscarla aun en las circunstancias más extrañas. A mí me sirve mi propia experiencia, a pesar de la existencia de otros mundos posiblemente difíciles de compaginar con lo que me enseñaron. Y, como mi poder intelectual es muy limitado, echo mano de lo cotidiano para afianzar mi fe. Si existen otros mundos…, dejo para vosotros los filósofos el hacer elucubraciones. A mí, con la fe del carbonero, me basta.
    Con relación al sacerdote que mencionas, estás equivocado si crees que por el hecho de vivir entre labriegos, alejado del mundanal ruido, le faltase capacidad para abordar temas de tal envergadura: hace años pasé parte del verano en Torre del Mar y tuve la oportunidad de asistir durante ocho días –sin proponérmelo siquiera- a la Semana Bíblica de la Axarquía. Entre los ponentes –gente muy versada- había un sacerdote raso dedicado durante toda su vida de clérigo a llevar la palabra de Dios (a su manera) al campesinado de los lugares más remotos. Me entusiasmó la forma de expresarse de aquel hombre y pedí que me enviasen las grabaciones de las charlas sólo por escucharlo de nuevo. Las dejé en Palmeira y me daría mucha pena que con el tiempo se hubiesen deteriorado. Este sacerdote se llamaba don Manuel y, en algo, me recordaba al san Manuel Bueno, mártir
    de Unamuno.
    Este panfleto lo escribí ayer. Después de leerlo, mi intención era enviarlo a la papelera. Pero se me ha ocurrido venir al ordenador antes de irme a la cama (por si había salido el nuevo comentario de Magdalena) y he cambiado de opinión.
    Quiero añadir algo: me apunto a la iniciativa de Magdalena de firmar la solicitud para que el nombre del curita de Isorna luzca en la nave interestelar.
    Es la hora de irme a la cama.
    Boas e santas noites

  8. Querido Mingucho: Ayer cuando leí que al final de tu respuesta a José Ricardo pedías respeto hacia don Faustino me dejaste desconcertada. Como no soy muy despierta para ciertas cosas llegué a dudar de lo que estaba leyendo e incluso pedí ayuda a Mari Carmen para que me dijera si yo estaba equivocada en la interpretación que estaba dando a tu escrito pues no me cabía en la cabeza tal contestación por tu parte.
    Mari Carmen está muy atareada estos días y no ha podido atender mi petición pero, ahora que leo la contra réplica de José Ricardo veo que no soy la única en interpretarlo así. Querido vecino, yo nada más te recomiendo que leas ” Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo ” Su autor es : X.Ricardo Losada.
    Yo lo he leído con mucho detenimiento y cariño por la manera en que está escrito. Te aseguro que si alguien a respetado al cura de Isorna ha sido este autor.
    Saludos querido Mingucho

  9. Prezado Mingucho: onte á noite veume á cabeza o teu comentario e tiven a impresión de que considerabas que o meu artigo non respectaba a don Faustino. NOn sei se é así. Se o é, direiche que don Faustino prefería ser recordado como un bufón antes que como un santo. Como san Francisco, pasou a vida criticando as convencións sociais con humor, e cun humor máis parecido ao choqueiro que ao inglés. Co gran sentido común que o caracterizaba, cría que a verdadeira fe exprésase no entusiasmo e na inocencia dun neno. De feito cando escribín ese artigo, quería escribir un artigo serio. Pero, ao final, o seu espírito non me deixou, e tiven que facer a proposta que fixen. Que, por certo, inaugurou con gran sentido do humor Magdalena, e que, por suposto, segue aberta a quen queira apuntarse.
    Unha aperta rianxeira

  10. Querido José Ricardo:
    El mérito a la expresión que me otorgas es para la ” Enciclopedia Alvarez ” La lección de la ” Grandiosidad del Universo ” siempre me pareció fascinante.
    En este libro hay otra, que reza así:
    Erase un loro maldito /
    que se gloriaba de santo/
    porque siempre era su canto/
    el Santo Dios y el Bendito.
    ¡¡Cállate necio!! dijo el grillo/
    no eches plantas/
    pues si cantas lo que sabes/
    nunca sabes lo que cantas.
    Yo, en este caso soy el loro. Hablo por conocimiento ajeno.
    Besiños palmeiráns profesor

  11. Prezada Magdalena: expresas moi ben as insondables distancias do universo, pero aínda hai máis. Cada vez máis científicos falan de múltiples universos. Para min son boas noticias. Cando teño un ataque de ego penso nesas distancias e neses mundos e, aínda que a veces me deprimen, na maioría das ocasións esa insignificancia humana sérveme de relax e, sobre todo, de estímulo para tratar a vida con moito humor. Ver as tertulias ou os debates políticos recordando as dimensións cósmicas é unha terapia que lle recomendo a todo o mundo. Eu fártome de rir.
    Prezado Mingucho: Non coñezo o texto que mencionas de Churchill, pero non sería estraño que un neófito nun ámbito tivese mellores intuicións que os expertos. Sorprende máis que un experto acerte no seu campo de investigación. Aínda o outro día Sánche Ron recordaba nun artigo que pouco despois de que Einstein buscase unha explicación física para todo o universo, descubriuse que o 90% do universo era materia ou enerxía escuras, é dicir, que nin sequera sabemos de que está composto.
    Respecto a Faustino Rey Romero coincido contigo. Dediquei un libro enteiro a reivindicar a súa figura porque a inmensa maioría dos fieis das súas parroquias falaban marabillas del como ser humano. Creo que son as figuras que debemos reivindicar sobre todo cando o habitual é reivindicar a impresentables na súa vida cotiá que fixeron algo destacable. Internet complica aínda máis as cousas.
    Un saúdo agradecido para os dous

  12. La bola de cristal de Churchill: predijo los móviles, los drones y la bomba atómica
    En «De aquí a cincuenta años», uno de los artículos que publicó a principios del siglo XX, Winston Churchill habla sobre energía nuclear, teléfonos móviles, alimentos fabricados en el laboratorio, robots comunistas y reproducción “in vitro”. Sin embargo, detrás del texto y de su carácter visionario hay una mente científica cuya firma no aparece junto a la del político: la de su asesor Frederick Lindemann.» (El Diario.es)
    Así é, que o reverendo Faustino Rey Romero, probablemente mereza un pouco máis de respecto. É a miña humilde opinión.
    Un saúdo, Losada.

  13. No me extraña nada que Stephen Hawkings piense que hay otros mundos sin conocer, es una persona muy inteligente y sabe que nosotros ocupamos una minúscula parte del Universo. Para hacernos idea de la magnitud del Cosmos pensemos en esto : ¿ Qué es la Tierra en relación con una sola de los millones de estrellas del firmamento? Una insignificancia. Cada estrella es millones de veces mayor que la Tierra y la distancia entre ellas se cuenta por años luz. ¿ Qué es una estrella comparada con una nebulosa ? Un puntito insignificante, pues cada nebulosa está formada por un número incalculable de millones de estrellas. Para hacernos una idea de lo grande que son las nebulosas, pensemos en que la luz tarda más de cien mil años en atravesarlas. Y ¿ qué es una nebulosa en comparación con el Universo? Muy poca cosa, pues el Universo tiene unas dimensiones tan colosales que en él hay más de 100 millones de nebulosas separadas entre sí por cerca de un millón de años luz.
    Reitero, que el físico británico es muy inteligente y don Faustino también.
    Si necesitas firmas para reclamar que esa nave interestelar lleve el nombre del buen cura y gran poeta de Isorna, cuenta con la mía.
    Un abrazo querido profesor

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *