Arquivo da categoría: Carlos Mosteiro

Gardiáns do templo

choivaCarlos Mosteiro. A literatura galega hoxe é sesudísima, tómase a si mesma terriblemente en serio, todo ten que ser trascendente e definitivo…Cada libro que se publica ten que ser a grande novela galega”. Son palabras de Pedro Feijoo nunha entrevista concedida ao Diario de Pontevedra (30-10-15, pxs.12,13). E logo segue disparando xa por elevación: “A cultura non é da Real Academia Galega nin da Fundación Rosalía de Castro, a cultura é nosa. Temos que poder tocala, apalpala, sobala, porque é forte e non vai romper”. Ben. Discutible o de que é forte e non vai romper. Pero máis alá desa declaración optimista, non creo realmente  que Pedro Feijoo quixera facer un canto á mediocridade ao dicir  que as escritoras e escritores galegos non deban tomarse en serio a si mesmos. Seguir lendo Gardiáns do templo

O meu pesadelo favorito, de María Solar

o meu pesadeloCarlos Mosteiro. María Solar chega á literatura infantil dende o mundo da comunicación. Xornalista da TVG e da Radio Galega, conduciu durante oito anos o magazín “As tardes da Galega” na radio autonómica. Actualmente presenta  na televisión “A Revista, fin de semana”.  En Galaxia ten xa publicado “Vou ter un irmán!!!”  e “A verdadeira historia da mosca da tele”, gañadores ambas as dúas do Premio Frei Martín Sarmiento, o primeiro no 2013 e o segundo no 2014. Con “O meu pesadelo favorito” (tamén en Galaxia) gañou o Premio Lazarillo de 2014, unha marabillosa historia na que un neno con febre descobre un mundo paralelo nos soños, mesmo nos soños dos soños, e inda nos soños que soña dentro dun soño. Seguir lendo O meu pesadelo favorito, de María Solar

Fin de festa, de Diana Varela Puñal

fin-de-festa-diana-varelaCarlos Mosteiro. Debe ser que os escritores, nalgún momento da súa vida, non poden evitar falar do seu espazo vital, o lugar da nenez, a aldea. Caen nunha especie de autoficción obrigada (quizais “caer” non sexa a palabra). É un mandato, unha especie de imperativo categórico que un recibe dunha “instancia superior”, case unha “obriga moral”. Algo disto lle debeu pasar a Diana Varela Puñal con este libro, “Fin de festa”, que a autora fai transcorrer en Xuvino.   Todo se estrutura nun círculo concéntrico de derrotas, unha especie de sistema de perdedores orbitando arredor de Susi Arnela, o mito erótico, a Anita Ekberg a que ninguén é quen de rescatar da fontana, a muller máis fermosa, nacida para a gloria e o triunfo e que acaba sendo engulida polo factum de Xuvino, ese que conduce os seus moradores cara ao afundimento irreversible. Seguir lendo Fin de festa, de Diana Varela Puñal