Arquivo da categoría: Fidel Vidal

Xénese da palabra

687.tmpFidel Vidal. O navío da matéria,de António Ramos Rosa (Espiral Maior, 1994), velaí onde nace o verbo. Porque a xénese da palabra non está no home, fundado por ela. Tampouco agroma do ollal nin do espello, é na inclinación da opacidade onde a fenda -cavidade ficticia- se produce, vertendo todo canto recolle: a orixe da palabra reside na materia. Que a palavra sexa o puro sopro/ que aniquila e simplifica o rosto (p.67). Comeza na terra húmida, no espertar da mesma pola caricia quente do sol, ou na auga limpa, desfacéndose entre croios rio abaixo, ou no bater na rompente percebeira. Seguir lendo Xénese da palabra

Papá e mamá

61K7tlEfdRLFidel Vidal. Quen son papá e mamá? Os directores de cine clásico expresan ben o comezo da historia. Un cuarto pechado, o pai fóra paseando nervioso, unha muller que sobe cunha ola de auga quente, o pai pasea, fuma, volve, vai e vén polo corredor. Un silencio tenso. De súpeto o pranto dun neno: unha nova vida entra na casa. Do pranto á metáfora. Que comunica máis, un discurso ou o rebulir dun novo ser no ventre da nai? Un parrafeo, un pranto, ou unha mirada fugaz e de esguello? Que llo pregunten a Baudelaire. Por non falar dos ollos do fillo cravados nos da nai, ese primeiro enganche dual dunha penetrante unión. A mirada… Comprobade o efecto que ten o simple feito de colocar uns “ollos”, uns botóns, a calquera obxecto ou garabato. Seguir lendo Papá e mamá