Fidel Vidal. Neste país noso subxace un ruído opaco que semella esforzarse en esquecer parte da súa máis honorable e terrible historia. Sendo cativo lémbrome dunha singular persoa de Ribeira, dun auténtico personaxe, tanto pola presenza de bébedo asustado como a maneira de se relacionar cos veciños. Un home case calvo do que se rían despois de o convidaren a uns viños. Seguir lendo Fersen
Sabichona
Marina Losada Vicente. A miña amiga, que traballou nunha clínica dental, vive moi preocupada coa inxestión alimentaria e coa hixiene bucal. Despois de darlle froita en abundancia e mentres a neta come o seu bocadillo de bolo da panadería, recórdalle que deixe un cacho de pan para despois do “premio” que lle prometeu, que non é outra cousa que unha onza de chocolate. Seguir lendo Sabichona
Volvemos en setembro
Subindo a «enxagua»
Antonio Piñeiro. Antonte lin no xornal que só o 5 % da actividade do cerebro é pensamento lóxico. Cismei para min que o resto, esoutro 95, ten que ser coma a pasta da pintura; unha miola do óso emocional que vai dar á man do pintor, do tubo mundano ao lenzo divino, cargada de paixón e arroiada dos sentidos. Seguir lendo Subindo a «enxagua»